Inicio

sol_celtaMunicipios social e ambientalmente sostibles é unha iniciativa dalgúns colectivos cidadáns, moi activos no campo da enerxía, cuxo obxectivo é a transición cara a un novo modelo enerxético sostible e socialmente máis xusto, un novo modelo baseado no acceso democrático da cidadanía á súa enerxía, que debería ser xerada de forma distribuída a partir de fontes renovables.

A nosa aposta decidida pola política municipal baséase no feito de que as cidades e pobos son as administracións clave para implantar políticas de sostibilidade social e ecolóxica e desenvolver este novo modelo enerxético.

A proximidade das eleccións municipais de maio de 2015, ofrécenos a oportunidade de poñer na axenda política a necesidade de aproveitar os beneficios económicos, sociais e ambientais dun novo modelo enerxético baseado no aforro, a eficiencia enerxética e as enerxías renovables. Ao mesmo tempo, este período electoral abre á cidadanía a posibilidade de deixar de ser mera espectadora dun sector estratéxico.

Propoñemos redactar un manifesto, no que se recolla o compromiso de traballar no municipio por un novo modelo enerxético e acometer accións concretas que se poderán desenvolver nos próximos 4 anos dende a administración local. O manifesto será asinado polo candidato e partido que se presente ás municipais a xeito de compromiso electoral cos cidadáns e cidadás.

Este manifesto é o froito dos debates que se están a desenvolver nas diversas entidades, plataformas, asociacións e expertos que traballan polo novo modelo enerxético e toma como base documentos de traballo como os da Fundación Renovables, os da Plataforma polo Novo Modelo Enerxético, reflexións de expertos como Javier García Breva e experiencias prácticas como as de Rubí (Barcelona), San Sebastián, a Mancomunidade de Municipios sostibles de Cantabria, a Rede de Municipios sostibles de Murcia, os proxectos de desenvolvemento local sostible de Andalucía, e tantas outras experiencias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s